www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 20 de xuño de 2025

A ACADEMIA ALVARELLOS


 Era polo 1966 cando deixei a escola rural para aprender algo diferente na cidade de Lugo. En principio conseguín que meus pais me deixasen abandoar a casa na que nacín en Fonteo, Baleira. Acababa de pasar o exame de Ingreso que me permitía facer o bacharelato pero non obtiven o permiso para facer tal cousa. Si, que conseguín que me deixasen estudar algo así como secretariado, alternando con un taller de costura.

Eu acompañaba algunhas veces a meu pai nas viaxes a Lugo para mercar as mercadurías que se vendían  na nosa taberna. Acostumabamos ir aos almacéns de José Herrero Lobejón  que estaban xunto a Estación de tren e parada do autobús de línea Lugo-Fonteo e biciversa, e alí puiden descubrir o que realmente me gustaría facer: ser mecanógrafa como aquelas secretarias que tecleaban sen parar nas oficinas de tal almacén.


Con esa idea, convencín a meus pais e fíxenme alumna da academia Alvarellos que era a que máis sona tiña naquela época. Alén de mecanografía tamén ensinaban taquigrafía, cultura xeral... e alá me enrolei e foi como coñecín a Don Enrique Alvarellos, un profesor que sabía ensinar con disciplina, tenacidade e eficiencia, que trasmitía ao alumnado esas cualidades e quedaba como un selo que nos acompañaría sempre, alomenos no que a min se refire.


Ensinóunos dende o primeiro día a escribir "ao tacto", e dicir, mirando só para o método que él utilizaba e que resultóu ser moi eficaz. Tamén a postura correcta de mans, codos e pernas para lograr unha mellor destreza diante da máquina. Vixiábanos con moita frecuencia e corrixía os "vicios" que empezaran a aflorar. Era tenaz e esixente, non deixaba pasar unha. Débolle algo que siñificóu moito na traxectoria da miña vida, como é o dominio do teclado, "ao tacto" que permite escribir con moita velocidade. Probas de velocidade nos facía de cada tempo e non se pasaba páxina sen dominar ben a anterior.



Logo, deixéi a academia para ingresar no Instituto Feminino, por nocturno, combinando o bacharelato elemental co taller de costura. Hai que lembrar que son filla dunha costureira, pero que non quixen aprender con miña nai esa profesión que non me gustaba daquela e o que quería era ser mecanógrafa.

Hoxe, pasei, como fago a menudo, por diante do local da academia Alvarellos que penso leva así, pechada dende que se terminóu fai moitos anos. E sentín nostalxia. Foi ao ver a placa de Don Enrique alí, na rúa, xunto a praza Comandante Manso, que así se chamaba, e lembrei vellos tempos, cando aínda a muralla tiña as casas adosadas. Agora é unha zona peatonal, con cafés, terrazas e zonas verdes nas que a xente se para a tomar algo ao longo da mañá ou da tarde.


Aínda conservo a miña única máquina de escribir, unha Olivetti, (agasallo dun curmán que traballaba en Barcelona), que gardo no faiado dentro do maletín no que viña e que fai pouco me reparóu un amigo que foi empregado da casa Olivetti en Lugo. 
Pero o que gardo con todo o meu coidado, é a destreza de poder seguir tecleando con certa velocidade e sen mirar, como diría Don Enrique,"ao tacto" usando todos os dedos, cousa que permite facer moito en pouco tempo.

Souben fai un tempo que un descendente dél, e dicir, un fillo, segue dalgunha maneira os pasos "emprendedores" do pai e alén de escribir tamén é editor. Merqueille un libro dél ás miñas netas, ao tempo que lle lembrei que fora alumna de seu pai, (non para que me fixera un desconto, claro está).

Dos coñecementos que máis me serviron na vida, escribir correctamente á máquina, ou nun teclado, foi unha, seguido do coñecemento do idioma inglés, e saber dar uhas puntadas.

Tentei inculcar algúnha delas no meu fillo e nas miñas netas, pero a de mecanografiar non tiveron pacencia, nen método nen profesor desciplinado. A de coser, está por ver, se ben os idiomas resultaron do seu interés.
Ao final non fun mecanógrafa ou secretaria, nin costureira, pero o saber non ocupa lugar, ou sí?

10 comentarios:

  1. Non sabía da tua destreza cas teclas. Iso axuda tamén a escribir rápido no ordenador, unha vantaxe. A vida pasa de contado e agora afloran mais a miudo as nosas memorias do pasado. Bicos. Nucha

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Nucha, grazas por comentar. Pensaba que sabías todo sobre min! Ao final somos unhas descoñecidas para os nosos! Fillos e fillas non temos tempo de coñecer aos nosos devanceiros, por eso hai que deixar constancia!
      Apertas

      Eliminar
  2. hola Beatriz, me hace revivir acontecimientos que casi son un calco de lo que también en mi circunstancia han ocurrido... fue todo un acontecer que dejo rastros me morable de dicha. Gracias por todo ello, feliz fin de semana-
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Hola Beatriz. Que recuerdos cuentas de tu maravillosa época de estudiante. Al final no fuiste costurera, mecanografa o secretaria. Pero has sido una gran profesora de idiomas y eso es un trabajo precioso. Yo conocí gente joven que fueron alumnos tuyos y puedes estar totalmente orgullosa de ello. Del trabajo que desempeñaste por que me han hablado maravillas de ti y que fuiste una profesora de lo más buena que han podido conocer.
    Por otro lado tu época de las clases de mecanografía es interesante cuando
    cuentas sobre tu profesor Don. Enrique Alvarellos sentiste nostalgia. Eso nos pasa a mucho alumnos. A unos profesores mucho más que a otros. Recuerdo perfectamente las Olivetis de las máquinas de escribir.
    Yo cuando hice F.P. ADMINISTRATIVO mi asignatura preferida era las horas de clases que teníamos durante la semana la asignatura de mecanografía. En mi época nos lo daba una monja y también no, nos perdonaba ni una. Se valoraba mucho la máxima velocidad en escribir a máquina y también en acabar los temas que nos indicana la monja en escribir. De esta asignatura disfrute mucho y creo que al resto le pasaba igual.
    Ahora el apredizaje que tuvimos con las maquinas lo podemos agradecer inmensamente, pues al salir los ordenadores y la retirada de las maquinas se agradece mucho el tener una buena velocidad del teclado. Nos resultó fácil adaptarlos al tablero letras de los ordenadores. Beatriz. Que tema más bonito me hiciste recordar.
    Un abrazo enorme.
    Mónica

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias, Mónica, por tan generoso comentario. Pasaré por tu blog en cuanto pueda pero te voi a enviar un audio y te explico. Besos y abrazos

      Eliminar
  4. O meu pai tinha essa destreza.
    Guardo religiosamente as máquinas que eram dele.
    Boa semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá Pedro, as xeracións temos muito em comúm. Onte jantei um bom jantar na tua querida patria. São grande admiradora de Portugal.
      Saúde

      Eliminar
  5. Ola Bea:

    Pois hai unhas semanas pasei pola praza que mencionas, e fixeime na praca en honor a Enrique Alvarellos e á súa academia. Sentín curiosidade por saber a historia que gardaba, e que casualidade que hoxe descubro un anaquiño dela no teu blog, e que ti tamén formaches parte como alumna da Academia alí mencionada!

    Nunca te deitarás sen saber unha cousa máis!

    Un bico,
    Iria

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois temos certa telepatía, Iria!
      Agora xa sabes que se cocía alí dentro!
      Grazas por vir.
      Un biquiño ou dous!

      Eliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.

OSZAR »